venres, 8 de maio de 2020

mércores, 6 de maio de 2020

ENQUISA VIDA SAUDABLE



Aquí chegou a enquisa da profe Leli da que vos falei! 
Lede con atención e pensade ben as respostas.

Cando rematedes de contestar todas as preguntas non vos esquezades de premer "enviar".

Ánimo, que a profe Leli fíxoa pensando moi ben en todo o que traballamos sobre este tema, tanto na aula de ciencias con 3º coma nós en educación física. 

Mostrádenos como de ben vos coidades!

(é mellor que o fagades dende un ordenador, xa que no móbil ou nunha tableta pode que non vexades ben as opcións)

PREME NA IMAXE PARA COMEZAR


UN CHISQUIÑO DE GALEGO


Neste días seguro que escoitamos palabras como estas en castelán. Agora imos ver como se din, correctamente, en galego:










Que opinades de todo isto? pillounos de sorpresa o canceliño eh!



martes, 5 de maio de 2020

OBSERVAMOS NO NOSO PASEO...



Mirade o que atoparon Jaime, Carlos e Noa nos seus paseos...





Animádevos a facerlle preguntas sobre esas árbores que foron atopando!



VELOCIDADE DE REACCIÓN


A velocidade de reacción é necesaria na maioría dos deportes:cando eres porteiro/a e tes que parar un gol, na saída dunha carreira... 
Tamén é necesaria na vida cotiá, por exemplo, cando vai caer algo dunha mesa e consegues collela a tempo.

 Veña botade man da xentiña que vive con vós para competir e mellorar esa velocidade de reacción!


 Que situación deportiva ou da vida cotiá cree que precisa de velocidade de reacción? 

Deixade a resposta nun comentario.



luns, 4 de maio de 2020

SORPRESAS DO PASEO


Mirade a quen atopei durante o meu paseo das oito, no adro da igrexa:






A ver quen me pode dicir outro nome que recibe este animaliño, en galego?