FRASES FEITAS



02.06.20

Refrán moi coñecido en Fisterra que nos manda Carlos e Mariola. Que pensades que significa?:


Cando a gaivota se achega ó labrador, mal lle vai ó pescador. 



18.05.20


"Pasou o día pasou a romaría"

"Andar a fume de carozo"

"Ser cú de mal asento"

"Deitarse coas galiñas"

"Andar coa mosca tras da orella"

"Comer e rañar vai no empezar"

-----------------------------------------------------

Pascua 2020:


"Ser tan listo coma un allo"



" 1 de abril, van os burros a onde non teñen que ir"



"Entroido na praza, Pascua na casa"

17 comentarios:

  1. "Ser tan listo coma un allo"
    Orixe: Refraneiro galego popular
    Significado: Ser moi intelixente e atento
    Fonte: Pai

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben, e non atopaches a razón de pensar que un allo é "listo"?

      Eliminar
  2. Los ajos son todo cabeza. De ahí la alusión a este alimento para referirse a alguien inteligente.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi boa apreciación. Aínda hai outra razón... A ver se a ATOPAMOS! (Lembra que estamos a falar en galego 😉).

      Eliminar
    2. Bos dias, tamen encontramos que: "un dente de allo plantado de cabeza para arriba xira, é dicir, cando o tallo xermine, xirarase e sairá á superficie, xa non se enterrará no chan". Polo que din que o allo e listo.
      Fonte: https://www.luisangelserrano.com/2014/02/12/1077/

      Eliminar
    3. XENIAL!! Iso foi o que eu escoitei e que me sorprendeu moito! Moi ben, Miguel!

      Eliminar
  3. "1 de Abril,van os burros onde non teñen que ir".
    Orixe:En Francia, no século XVI,o ano novo era festexado o 25 de marzo,cando empezaba a primaveira,e remataba o 1 de abril.Logo trocou ao 1 de xaneiro.por aquel tempo había moita xente que aínda non o sabía,e o seguían celebrando en abril e os que sí o sabían, ese día lles facían burlas e enganos.
    Significado:En Galiza:O primeiro de Abril,é o día dos enganos.Dar noticias falsas para enviar á xente onde non deben ir, e outras brincadeiras.
    Fonte:Galimedia

    ResponderEliminar
  4. Canta información, Carlos! Vexo moitas palabras candidatas para "glosario", por exemplo: "brincadeira". Alguén sabe o que significa?

    ResponderEliminar
  5. miguell fernández rivas20 de maio de 2020, 11:10


    Las moscas son unos bichos molestos, ¿no te parece? Sería muy incómodo tener una mosca detrás de la oreja, ¿verdad? Pues bien, esa es la idea que conlleva la expresión "tener una mosca detrás de la oreja": indica inquietud, desasosiego; significa que temes que algo ocurra, que tienes un mal presentimiento acerca de algo. También se usa cuando se tiene una idea recurrente, insistente.

    ResponderEliminar
  6. Miguel, en galego! Temos que practicar, ánimo! e non copiedes "literalmente" o que atopades na rede. Ten paciencia, que non hai prisa!

    ResponderEliminar
  7. "Andar a fume de carozo"
    Non hay expresión galega que mellor defina a rapidez.
    OS carozos de millo arden moi rápido e con moito fume,enseguida desaparecen para deisar paso a unhas boas brasas como faría alguèn q desaparecese al andar råpido coma o fume de carozo.
    Fonte: Sandra Fanigas "La Voz de Galicia.
    Noa

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben, Noa. Verdade que é unha expresión moi graciosa? Nunca esqueces a fonte, así me gusta! (Sería xenial que nos puxeras un exemplo).

      Eliminar
  8. Deitarse coas galiñas:Ir para a cama moi cedo.
    Ser cú de mal asento:non acougar en ningures.(É o que dín a miña nai de mí)
    Andar coa mosca tras da orella:ver os perigos e os males de algo.
    Fonte: diccionario galego-castelán de X. Luis Franco Grande.

    ResponderEliminar
  9. Moi ben, Carlos! case non deixas frases para os demáis! Damos fe de que es un bo exemplo de "cú de mal asento"!

    ResponderEliminar
  10. "Cando a gaivota se achega ó labrador, mal lle vai ó pescador."
    Cando hai moitas gaivotas na costa é sinal de que vai vir unha tormenta ou moita choiva.
    Hai outro dito que ten unha palabra un pouco fea que di o mesmo:

    "Gaivotas á terra, mariñeiros á merda"

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. 😅 😅 Moi ben, Jaime! Estiveches ben lixeiro! 😊

      Eliminar