mércores, 20 de maio de 2020

PAXARIÑOS DOS NOSOS PASEOS


Toca agora investigar sobre eses paxariños que atopamos nos nosos paseos. 

Eu, nos meus paseos, sigo a escoitar o cuco, aínda que din que vai marchando cando comeza o verán. Unha mágoa que non conseguín facerlle unha foto para ensinarvos. Sempre lembro que cando o escoitaba de pequena co meu pai e o cuco cantaba: "cu-cu" meu pai contestaba: "cu-cu, tapa o cú"; para facerme rir.

Lembrades aquel paxaro tan bonito que vimos un día no patio? lembrades que era unha pega (hurraca en castelán)?

A ver que paxariños atopades vós nos vosos paseos, lembrade falar do paxariño e poñer algo da vosa parte! Déixovos aquí algún exemplo dos que podedes atopar (aínda que se me ocorren algúns máis).

Animádevos a enviarme unha pequena narración de calquera tipo, como a das árbores e as flores, aínda que será moi difícil que logredes unha foto, pero podedes debuxar ou incluso facer unha banda deseñada. Envíadema ao correo para que a poida subir logo ao blog!




Deixovos aquí tamén unha bonita lenda sobre o paporroibo:



O que si vos podo ensinar é un "merlo" que ven cada mañá a petar na fiestra da cociña. Ocórresevos alguna razón para que faga isto?



martes, 19 de maio de 2020

POTENCIANDO A NOSA ENERXÍA


Imos practicar un pouquiño como se fosemos superheroes e superheroinas! 
Que vos parece? doado ou difícil seguir o ritmo?
(tedes que premer en "disfruta de este video en youtube")



E este para os que non o coñecedes aínda:



ARTISTA DIEGO


Aínda onte falamos do día internacional dos museos e hoxe presentamos a un gran artista que temos no cole, NORABOA DIEGO!



PINGÜÍNS NO DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

Onte foi o día internacional dos museos co lema: 
Museo para a igualdade: Diversidade e inclusión.

Que mellor maneira de visibilizar a inclusión, que con esta noticia:


A situación que estamos a vivir, está deixando imaxes que quedarán para sempre no recordo. A falta de persoas nos lugares habituais fai que aparezan animais en lugares inesperados. O exemplo son estes tres Pingüíns do zoolóxico de Kansas City.

Según o director do museo, estaban máis entusiasmados con Caravaggio que con Monet (dous pintores que coñeceran as vosas familias e que coñeceredes máis afondo no instituto).

Os pingüíns de Humbolt (a súa especie) están perdendo o seu hábitat e sofren de sobrepesca, que agota o seu alimento.
"Os pingüinos non poden falar, pero cremos que a experiencia no museo foi moi enriquecedora para eles"- comentou o portavoz do zoolóxico.

*PREGUNTA: Despois da experiencia de estar unha tempada pechados na casa, sen poder saír; Que pensades vós dos zoolóxicos?





Fonte: https://www.20minutos.es/gonzoo/noticia/4261148/0/pinguinos-aburridos-zoo-kansas-hacen-excursion-museo-arte/

XOGOS POPULARES


Xogastes algunha vez ás "chapas"? A verdade é que nunca vos vin xogar no patio do colexio. Nunca é tarde para empezar a rememorar os xogos de antes que precisaban moi pouco material e eran o entretemento que tiñamos no noso tempo de lecer. 

Preguntade na casa a que xogaban de cativos na vosa familia? seguro que facemos unha longa lista entre todos e todas!



domingo, 17 de maio de 2020

A PROFE RECOÑECE O SEU ERRO



Lembrades aqueles tempos nos que traballabamos na nosa aula? Esa aula que nos quedara tan chula despois do nadal? Pois seguro que tamén lembrades cando eu dicía que non esquecerades poñer o "til" ás palabras, agora teño que corrixir o meu erro e espero que así non vos esquezades NUNCA.

É A MELLOR MANEIRA DE APRENDER, cometendo erros coma este (que logo nunca esqueceremos dicir ben):