sábado, 20 de xuño de 2020

ISTO NON REMATA AQUÍ


Debido ás peticións de non pechar o blog, imos tentar seguir con este recuncho parar non perder o contacto e estar ao día das propostas de verán: recomendacións de lecturas, de recursos interactivos, curiosidades da nosa contorna ou da nosa vida...

Parécevos??

Pero antes de comezar de pleno co verán, a despedida do curso continúa con estes recordos que quedarán aquí para sempre:


Porque ser mestra é unha cousa e ser titora dun grupo tan bonitiño coma este e outra ben distinta!!

 Graciñas infinitas por regalarme O RECORDO DO DÍA NO QUE NOS COÑECEMOS. Cantas cousas "históricas" pasaron desde aquela, verdade?:


Alguén se anima a deixar anécdotas ou "frases" do curso en comentarios para que queden para a nosa historia?



martes, 16 de xuño de 2020

REMATOU A PELÍCULA


Como din no cine: "imos a negros"


Case non nos deron tempo a reaccionar cando nos dixeron que tiñamos que quedar na casa; e agora todo parece que foi como unha película.

Unha película na que TODO O MUNDO foi protagonista, pero soamente nós conseguimos sacar un sorriso e forza para gardar únicamente boas lembranzas como estas:





E aínda nos quedan moitos recordos para coleccionar neste VERÁN DA NOVA NORMALIDADE!

Xa me contaredes en setembro!!!







DESPEDIDA ESPECIAL PARA O MEU GRUPO DOS CINCO GATIÑOS


Non podemos marchar sen rematar o curso cantando "BELIEVER" como vos prometín:






Lembrade que sodes vós os que tedes que navegar polo mar da vosa vida, e teredes momentos bos, malos e tan rariños como estes últimos meses. A escola soamente vos vai axudar a empregar o compás e as cartas náuticas. 
(como di: J.Delors).




VIAXAR DESDE A CASA


O positivo de que nos tocase todo isto no 2020 é que puidemos viaxar dende a casa: 







Verdade que agora dan máis ganas de ver todo iso en vivo e en directo? 
Pois aínda vos queda moito que camiñar na vida, así que:

Moito Ánimo!!!




luns, 15 de xuño de 2020

PISAR O BALÓN


Xa sabedes que o fútbol non é o meu deporte favorito, o fútbol sala xa é outro cantar, así que vou botar man dun video moi interesante para mellorar a nosa técnica de pisar e pasar o balón en FÚTBOL SALA (penso que vos vai gustar):

Deixade en comentarios se vos pareceu díficil, se xa o sabiades facer ou se aprendestes unha técnica nova con este video...




REFLEXIÓN NOTAS


Nos días que estades a espera das vosas notas, atendede a esta reflexión do profe "Carlos" que lin na web: ayudaparamaestros.



SIMETRÍA NOA


Que doado é facer unha obra artística pensando nas matemáticas, verdade?





Un aplauso para Noa!

domingo, 14 de xuño de 2020

BUFO RESCATADO EN PONTEVEDRA

Mirade esta noticia de "PONTEVEDRAVIVA":
E de paso aprendemos a dicir "bufo!" (búho en castelán). Eu que lle chamaba mouchos a todos e resulta que non é o mesmo bufo que moucho, CANTO APRENDEMOS!
Cría de bufo rescatada pola Policía Local
© Policía Local de Pontevedra

A Policía Local rescata unha cría de bufo ao bordo da calzada da Avenida de Bos Aires

Redacción
Por Redacción
hai 23 horas
Cría de bufo rescatada pola Policía Local
© Policía Local de Pontevedra
Axentes da Policía Local de Pontevedra tiveron que realizar durante a madrugada deste sábado un rescate pouco habitual nas rúas do centro da cidade.
Concretamente rescataron a unha cría de bufo atopada ao bordo da calzada da Avenida de Bos Aires.
O ave non podía voar e atopábase nunha situación de risco, a que podía provocar o paso dos vehículos.
O pequeno bufo foi finalmente rescatado, procedendo a Policía Local a dar aviso ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Carballedo, onde poderá  recuperarse antes da súa volta ao seu hábitat natural.

SIMETRÍA DE MIGUEL



Mirade que obra de arte lle saiu a Miguel practicando a SIMETRÍA AXIAL de matemáticas:




Ben merece un GRAN APLAUSO VIRTUAL , NON? (comentarios).