A VER QUEN SABE QUE SE CONMEMORA HOXE?

Este blog foi creado para establecer un laciño virtual entre alumnado e profesorado. Pensado para 4º de Educación Primaria, pero con acollida para toda a comunidade educativa que non queira perder ese lazo con todos e todas nós! Así que tratemos de encher este tempo co maior número de lembranzas positivas:
sábado, 25 de abril de 2020
venres, 24 de abril de 2020
DIA DO LIBRO LECTURA NOA
Seguimos coas lecturas para conmemorar o día do libro. Eu tamén vos recomendo a lectura deste libro que está cargadiño de historias moooi interesantes!
ASHLEY FIOLEK
Despois de escoitar a lectura de Noa, non soamente me entraron ganas de seguir lendo o seu libro, senón que tamén quixen saber máis da historia de Ashley. Mirade:
xoves, 23 de abril de 2020
DÍA DO LIBRO
Que pena que non nos dera tempo a usar o noso "croma" para facer algo tan bonito para celebrar o día do libro. Se vos animades a enviarme un video lendo algún dos vosos libros favoritos poderiamos facer algo así:
Espero comentarios sobre este vídeo ou se lestes algún libro de Roald Dahl? Podedes aconsellarnos algunha das súas obras, ou se tedes curiosidade sobre algunha delas. Ánimo!
luns, 20 de abril de 2020
MINI CLASE DE ZUMBA
Aquí nos deixan unha mini clase de zumba Noa e a súa nai.
Parabéns Silvia!! Un aniversario moi especial seguro!
Do que non temos dúbida é de que foi inesquecible!
Do que non temos dúbida é de que foi inesquecible!
domingo, 19 de abril de 2020
BOLO PASCUAL DE MEIS
Meis reparte o "Bolo Pascual" máis solidario

Este domingo no concello de Meis entregaranse os primeiros lotes de alimentos xunto co "Bolo Pascual", que de maneira benéfica doou a Asociación Cultural de San Gregorio para dar ás persoas máis necesitadas do municipio.
Despois de quedar sen celebrar a Romaría das Cabezas, esta asociación empeñouse en non perder a tradición do bolo que se prepara con motivo da festa de San Gregorio. Nesta ocasión o doce é un pouco máis pequeno, con 900 ovos fronte aos 6.000 que adoita levar e que cociña Panadería Paradela.
A agrupación local de Protección Civil encargarase da súa repartición.
Desde o Concello de Meis, a alcaldesa Marta Giráldez destacou a solidariedade que están a demostrar os veciños, agradecendo as achegas que se fixeron ao banco de alimentos, especialmente á Asociación de Mulleres Rurais O Salnés, ao Anpa do Colexio Rural Agrupado de Meis e á Asociación Cultural A Vertula, pola súa implicación neste proxecto solidario.
Igualmente agradeceu ás adegas Laureatus, Terras de Asorei e Mar de Frades, por regalar as caixas nas que se farán as entregas
https://pontevedraviva.com/xeral/63228/meis-reparte-bolo-pascual-mas-solidario/
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)