domingo, 19 de abril de 2020

BOLO PASCUAL DE MEIS







Bolo Pascual
© Concello de Meis

Meis reparte o "Bolo Pascual" máis solidario

Oskar
Por Oskar Viéitez
Lotes do banco de alimentos do Concello de Meis
© Concello de Meis
Este domingo no concello de Meis entregaranse os primeiros lotes de alimentos xunto co "Bolo Pascual", que de maneira benéfica doou a Asociación Cultural de San Gregorio para dar ás persoas máis necesitadas do municipio. 
Despois de quedar sen celebrar a Romaría das Cabezas, esta asociación empeñouse en non perder a tradición do bolo que se prepara con motivo da festa de San Gregorio. Nesta ocasión o doce é un pouco máis pequeno, con 900 ovos fronte aos 6.000 que adoita levar e que cociña Panadería Paradela.
A agrupación local de Protección Civil encargarase da súa repartición.
Desde o Concello de Meis, a alcaldesa Marta Giráldez destacou a solidariedade que están a demostrar os veciños, agradecendo as achegas que se fixeron ao banco de alimentos, especialmente á Asociación de Mulleres Rurais O Salnés, ao Anpa do Colexio Rural Agrupado de Meis e á Asociación Cultural A Vertula, pola súa implicación neste proxecto solidario.
Igualmente agradeceu ás adegas Laureatus, Terras de Asorei e Mar de Frades, por regalar as caixas nas que se farán as entregas


https://pontevedraviva.com/xeral/63228/meis-reparte-bolo-pascual-mas-solidario/

Ningún comentario:

Publicar un comentario