domingo, 14 de xuño de 2020

BUFO RESCATADO EN PONTEVEDRA

Mirade esta noticia de "PONTEVEDRAVIVA":
E de paso aprendemos a dicir "bufo!" (búho en castelán). Eu que lle chamaba mouchos a todos e resulta que non é o mesmo bufo que moucho, CANTO APRENDEMOS!
Cría de bufo rescatada pola Policía Local
© Policía Local de Pontevedra

A Policía Local rescata unha cría de bufo ao bordo da calzada da Avenida de Bos Aires

Redacción
Por Redacción
hai 23 horas
Cría de bufo rescatada pola Policía Local
© Policía Local de Pontevedra
Axentes da Policía Local de Pontevedra tiveron que realizar durante a madrugada deste sábado un rescate pouco habitual nas rúas do centro da cidade.
Concretamente rescataron a unha cría de bufo atopada ao bordo da calzada da Avenida de Bos Aires.
O ave non podía voar e atopábase nunha situación de risco, a que podía provocar o paso dos vehículos.
O pequeno bufo foi finalmente rescatado, procedendo a Policía Local a dar aviso ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Carballedo, onde poderá  recuperarse antes da súa volta ao seu hábitat natural.

Ningún comentario:

Publicar un comentario