Toca agora investigar sobre eses paxariños que atopamos nos nosos paseos.
Eu, nos meus paseos, sigo a escoitar o cuco, aínda que din que vai marchando cando comeza o verán. Unha mágoa que non conseguín facerlle unha foto para ensinarvos. Sempre lembro que cando o escoitaba de pequena co meu pai e o cuco cantaba: "cu-cu" meu pai contestaba: "cu-cu, tapa o cú"; para facerme rir.
Lembrades aquel paxaro tan bonito que vimos un día no patio? lembrades que era unha pega (hurraca en castelán)?
A ver que paxariños atopades vós nos vosos paseos, lembrade falar do paxariño e poñer algo da vosa parte! Déixovos aquí algún exemplo dos que podedes atopar (aínda que se me ocorren algúns máis).
Animádevos a enviarme unha pequena narración de calquera tipo, como a das árbores e as flores, aínda que será moi difícil que logredes unha foto, pero podedes debuxar ou incluso facer unha banda deseñada. Envíadema ao correo para que a poida subir logo ao blog!
Deixovos aquí tamén unha bonita lenda sobre o paporroibo:
O que si vos podo ensinar é un "merlo" que ven cada mañá a petar na fiestra da cociña. Ocórresevos alguna razón para que faga isto?
Qué bonito o merlo!!!
ResponderEliminarCerto, en galego merlo! 😊
EliminarAgora salgo pouco a calle pero temos bastantes gaivotas o gorrions na cidade :)
ResponderEliminarUn saludo de Gael (1º ESO)
Benvido, Gael! que alegría ver que chegamos ata a ESO! sabías que os gorrións soamente están onde hai xente? se non houbese xente, marcharían; vese que precisan compaña😅.
ResponderEliminar(será 1º de Primaria non? 😉😊)
EliminarHoxe atopei varias pegas (urraca).
ResponderEliminarNoelia non ira a polo almorzó??? Jajajaja.
ResponderEliminarAquí so se ven gaviotas aproveitando un despiste para arrebatar o pincho dos clientes das cafeterías da alameda.
Noa
EliminarPolo almorzo pode ser! pero ten moitos bechos no campo para comer. Eu penso que quere impresionar á moza.
EliminarEu teño duas fotos! As mando este fin de semana co conto.
ResponderEliminarGuille