venres, 15 de maio de 2020

AS PITAS BAIXO A CHOIVA


Continuamos coa "nosa lingua" nestes días, con esta lectura que nos fai a familia López Pérez dun libriño moi bonito de Carvalho Calero: "AS PITAS BAIXO A CHOIVA". 
É un conto infantil no que nos conta, á súa maneira, algo que lle pasou cando era pequeno. Como o libro está escrito hai máis de 50 anos, complícasenos un pouco o vocabulario que emprega, pero Javi vai dar mostra de todo o que aprendeu nas clases de teatro.



(Que ben aproveitado o paseo de hoxe, que sacaron tempo para ir mercar o libro) 




Escoitade ata o final, xa que a nai de Javi e Jaime vainos sorprender cun fermoso GLOSARIO! (Javi tamén sabe canto nos gustan).

Graciñas familia!!


PREGUNTA: Cal foi a palabra do conto que máis vos gustou?
(A min encantoume: "pequeneira")

SCAPE ROOM LETRAS GALEGAS


Aquí nos deixa a profe Marta unha proposta para investigar un pouquiño sobre a vida de Ricardo Carvalho Calero.
Premede na imaxe para comezar co "scape room".





E aquí vou deixar un "scape room" un chisco máis difícil para facer coa familia 
(premede sobre a moeda):






xoves, 14 de maio de 2020

AGASALLO DE JAIME PARA TODO O COLE

Para conmemorar, que o domingo é o día das letras galegas, dende 4º queremos animar a todo o cole (alumnado e familias) que, durante estes días, prestemos un chisco máis de atención á nosa lingua. Podedes enviar vídeos que iremos subindo ao blog, como este tan bonito que nos mandou Jaime. 
Escoitade atentamente este conto tan bonito que nos relata con tanta ilusión:





mércores, 13 de maio de 2020

XIMNASIA CEREBRAL


Siii! dixen XIMNASIA! A Educación Física non só é física, tamén precisamos exercitar a nosa mente para poder realizar correctamente os movementos. Hoxe imos tentar os de retos que nos porpoñen dende a Asocición Aceesca. Animádevos a deixar en comentarios ata que reto conseguistes chegar!



martes, 12 de maio de 2020

FLORES QUE SEGUIMOS ATOPANDO NO CAMIÑO...





Palabra para o glosario: acio. A ver quen sabe dicir o que significa (deixade nos comentarios).

luns, 11 de maio de 2020

MÓVETE NA CASA!


Hoxe imos traballar un pouquiño a forza, coordinación e resistencia do tren inferior! Que vos parece?
Comezaremos con movilidade articular, coma en clase. Xa o tedes máis que aprendido, pero así concentrámonos nas articulacións das extremidades inferiores.


Veredes no video unha palabra que nunca vimos na clase, quen me pode dicir cal é e o seu significado? 




Con moito coidadiño, non vos manquedes! Ocórreseme agora recordar un video de "digocho eu" do 1 de abril.
A ver que vos parece:




AS FLORES DA CONTORNA DE JAIME






E aínda tivo tempo de inventar un conto para nós...



domingo, 10 de maio de 2020

JAIME ESPERTOU A MIÑA CURIOSIDADE E...

Historia de LEGO y Duck

Quen é Duck? A historia do mítico pato de LEGO:


Moitos de vos xa o coñeceredes, famoso polas súas viaxes e polas curiosidades que nos mostra arredor do mundo, pero...quen é el? Duck é a imaxe icónica de LEGO®; e todo ven pola súa incrible historia...

LEGO Group fundouse no ano 1932 por Ole Kirk Kristiansen en Billund, Dinamarca, pero daquela, Ole Kirk non se adicaba á creación dos míticos bricks LEGO, senón que traballaba como carpinteiro e ebanista. En 1934, pasou a adicarse á venta de xoguetes de madeira, o produto máis exitoso do seu obradoiro de carpintería. Así que, entre os seus traballadores e el, decidiron que “Fábrica de Mobles de Billund” non  era o mellor nome para unha xoguetería… apareceu LEGO! O nome LEGO significa a contracción en danés de leg godt (“xoga ben”), e hoxe representa a filosofía da empresa.


Historia de LEGO y Duck
Como xa nos dixo Jaime, o xoguete favorito de Ole Kirk era un pato, imaxe da marca dende 1935.



Historia de LEGO y Duck


Fonte: https://www.robotix.es/blog/duck-historia-mitico-pato-lego/




LEGO FIGURA RETRO

LEGO lanza unha figura retro de madeira para nostálxicos creativos

Os pertencentes a esas máxicas xeracións dos 60, 70 e 80, teñen que ter nas súas memorias ese momento no que os xoguetes tradicionais de madeira comezaron a convivir coa invasión do PLÁSTICO que supuxo "Barbie" ou os "Geyperman".
Antes de que os xoguetes foran robóticos, nenos e nenas tiñan que desenvolver a súa creatividade con xoguetes de formas e materiais básicos que podían ser o que as súas mentes quixeran que foran.
A recoñecida firma LEGO, alonxouse do estilo colorido das súas pezas de cores, lanza en edición limitada, un boneco de madeira inspiración "retro e vintage".
Na honra ao deseño orixinal de 1978.
Mirade o que se pode facer con ela:


Fonte: cultura inquieta

sábado, 9 de maio de 2020

venres, 8 de maio de 2020

mércores, 6 de maio de 2020

ENQUISA VIDA SAUDABLE



Aquí chegou a enquisa da profe Leli da que vos falei! 
Lede con atención e pensade ben as respostas.

Cando rematedes de contestar todas as preguntas non vos esquezades de premer "enviar".

Ánimo, que a profe Leli fíxoa pensando moi ben en todo o que traballamos sobre este tema, tanto na aula de ciencias con 3º coma nós en educación física. 

Mostrádenos como de ben vos coidades!

(é mellor que o fagades dende un ordenador, xa que no móbil ou nunha tableta pode que non vexades ben as opcións)

PREME NA IMAXE PARA COMEZAR


UN CHISQUIÑO DE GALEGO


Neste días seguro que escoitamos palabras como estas en castelán. Agora imos ver como se din, correctamente, en galego:










Que opinades de todo isto? pillounos de sorpresa o canceliño eh!



martes, 5 de maio de 2020

OBSERVAMOS NO NOSO PASEO...



Mirade o que atoparon Jaime, Carlos e Noa nos seus paseos...





Animádevos a facerlle preguntas sobre esas árbores que foron atopando!



VELOCIDADE DE REACCIÓN


A velocidade de reacción é necesaria na maioría dos deportes:cando eres porteiro/a e tes que parar un gol, na saída dunha carreira... 
Tamén é necesaria na vida cotiá, por exemplo, cando vai caer algo dunha mesa e consegues collela a tempo.

 Veña botade man da xentiña que vive con vós para competir e mellorar esa velocidade de reacción!


 Que situación deportiva ou da vida cotiá cree que precisa de velocidade de reacción? 

Deixade a resposta nun comentario.



luns, 4 de maio de 2020

SORPRESAS DO PASEO


Mirade a quen atopei durante o meu paseo das oito, no adro da igrexa:






A ver quen me pode dicir outro nome que recibe este animaliño, en galego?



venres, 1 de maio de 2020

MAIO MARGA



Mirade como fai, a profe Marga, honra ao seu nome; que fixo un precioso "MAIO" coa súa filla pequena:






OS MAIOS!



Como segue?,"cando marzo maiea, maio..."


E aquí  chega Jaime cun "Maio" que elaborou xunto co seu irmán, aproveitando o seu paseo!





Se estivesemos no cole... recibirías un GRANDÍSIMO APLAUSO!!!!!

Espero que se anime alguén máis, aproveitade ese paseo que xa podedes facer!

xoves, 30 de abril de 2020

O PRADO COBRA VIDA




PARA VER EN FAMILIA
Aquí temos unha proposta que nos envía Belén (nai de Mariola e Carlos) para que vexades os cadros máis famoso do Museo do Prado dun xeito ben distinto ao que estamos acostumados:




DÍA DO LIBRO DE 5º



MIRADE CANTA ILUSIÓN LLE PUXERON EN 5º 
PARA FESTEXAR O DÍA DO LIBRO:










Deixade algún comentario! que ben o merecen!



martes, 28 de abril de 2020

RELAXÁMONOS UN CHISCO




Aproveitando que a profe Marta me mandou este póster tan chulo, que nos facilita unhas posturas moi sinxelas, imos relaxarnos un pouquiño hoxe. Sería ideal que participasedes todas a familia. Podedes seguir enviando videos ao meu correo para futuras publicacións!




https://drive.google.com/file/d/1bff5xL4hORkPpC2_vKondlUmd7cRDf6h/view

MOVÉMONOS UN CHISCO CON MOITO RITMO!





luns, 27 de abril de 2020

XA ESTÁ AQUÍ!


Desculpade que falten anacos de vídeos, pero non foi doada a xuntanza de tantas formas e formatos distintos.

O que non podedes negar é o bonito que queda un bo traballo en equipo!

Como Raúl quedou "xeado", imos darlle un minutiño de gloria!
Atentos e atentas á versión "cucharacha covid":



venres, 24 de abril de 2020

DIA DO LIBRO LECTURA NOA



Seguimos coas lecturas para conmemorar o día do libro. Eu tamén vos recomendo a lectura deste libro que está cargadiño de historias moooi interesantes!

ASHLEY FIOLEK



Despois de escoitar a lectura de Noa, non soamente me entraron ganas de seguir lendo o seu libro, senón que tamén quixen saber máis da historia de Ashley. Mirade:




xoves, 23 de abril de 2020

LECTURA DÍA DO LIBRO JAIME




Que ben lle queda a butaca de ler a Jaime, verdade?

ANIVERSARIO JAIME



Soamente se fan 10 anos unha vez na vida!! e non podemos faltar a nosa cita para festexalo:



DÍA DO LIBRO

Que pena que non nos dera tempo a usar o noso "croma" para facer algo tan bonito para celebrar o día do libro. Se vos animades a enviarme un video lendo algún dos vosos libros favoritos poderiamos facer algo así:





Espero comentarios sobre este vídeo ou se lestes algún libro de Roald Dahl? Podedes aconsellarnos algunha das súas obras, ou se tedes curiosidade sobre algunha delas. Ánimo!

luns, 20 de abril de 2020

MINI CLASE DE ZUMBA



Aquí nos deixan unha mini clase de zumba Noa e a súa nai.


Parabéns Silvia!! Un aniversario moi especial seguro! 

Do que non temos dúbida é de que foi inesquecible!



domingo, 19 de abril de 2020

BOLO PASCUAL DE MEIS







Bolo Pascual
© Concello de Meis

Meis reparte o "Bolo Pascual" máis solidario

Oskar
Por Oskar Viéitez
Lotes do banco de alimentos do Concello de Meis
© Concello de Meis
Este domingo no concello de Meis entregaranse os primeiros lotes de alimentos xunto co "Bolo Pascual", que de maneira benéfica doou a Asociación Cultural de San Gregorio para dar ás persoas máis necesitadas do municipio. 
Despois de quedar sen celebrar a Romaría das Cabezas, esta asociación empeñouse en non perder a tradición do bolo que se prepara con motivo da festa de San Gregorio. Nesta ocasión o doce é un pouco máis pequeno, con 900 ovos fronte aos 6.000 que adoita levar e que cociña Panadería Paradela.
A agrupación local de Protección Civil encargarase da súa repartición.
Desde o Concello de Meis, a alcaldesa Marta Giráldez destacou a solidariedade que están a demostrar os veciños, agradecendo as achegas que se fixeron ao banco de alimentos, especialmente á Asociación de Mulleres Rurais O Salnés, ao Anpa do Colexio Rural Agrupado de Meis e á Asociación Cultural A Vertula, pola súa implicación neste proxecto solidario.
Igualmente agradeceu ás adegas Laureatus, Terras de Asorei e Mar de Frades, por regalar as caixas nas que se farán as entregas


https://pontevedraviva.com/xeral/63228/meis-reparte-bolo-pascual-mas-solidario/

venres, 17 de abril de 2020

BICHOS




Hai algúns bichos que non son tan malos pero molestan bastante...
Lembrades que algunha vez falamos deles na aula?

(Menos mal que non poden saír dos nosos "dispositivos")




mércores, 15 de abril de 2020

LEGUMES NA CASA



Mirade que idea máis chula nos manda a profe Marta, por se queremos ver como crece un ser vivo mentres estamos na casa:







luns, 13 de abril de 2020

BONITA MENSAXE DA PROFE CELESTE!



ESPERAMOS ESES COMENTARIOS!!!

(Aínda que eu quedei pampa con ese mural tan bonito....)


QUE SORTE TER UNHA PROFE ARTISTA!

JAIME TAMÉN COMPARTE O SEU OVO CON NÓS!



Vemos que o traballo de vacíar o ovo non é doado, pero é divertido!

Animádevos o resto que aínda estades a tempo!

venres, 10 de abril de 2020

GUILLE NON SE ABURRE NA PASCUA!



Vedes que enxeñoso o ovo de Guille?

Noraboa polo teu traballo, estás feito un artista! 

xoves, 9 de abril de 2020

ENTROIDO NA PRAZA, PASCUA NA CASA!


A profe Leli, decidiu compartir con nós unha  bonita tradición familiar. Mirade que pinta!! 

Pregunta: "Mona ou Rosca de Pascua?"


Non vos animades a compartir as vosas tradicións ou algunha que coñezades??

Eu coñezo algunha outra, pero estou esperando os vosos comentarios!


E aquí chega o aporte da profe Sofía:




martes, 7 de abril de 2020

XA ESTAMOS NA PASCUA FLORIDA!



Estamos na Pascua! e tiña preparado para vós unha busca de ovos de pascua polo cole...

Aquí os tiña gardados:






Xa sabedes que sempre vos falo das tradicións alemás (porque o ovo de pascua naceu en Alemaña).

Para a poboación alemana a Pascua é unha festa relixiosa, pero sobretodo familiar. 

Lembro de pequena como nos gustaba buscar os ovos polos xardíns, ademáis, na zona onde eu vivía había moitos coellos nas grandes zonas verdes, que ocupaban os espazos entre os edificios; así que, para nós, todo era moi real!

A tradición para o Xoves Santo, era adornar as nosas árbores con ovos decorados a man. 

 Déixovos un video de como o fixen eu. Soamente tiña dúas cores, xa que as outras quedáronme esquecidas na aula!


Animádevos a facelo e envíademe o vídeo ou unha foto para que poidamos publicar aquí na bitácora!
Tamén podedes comentar outras costumes que coñezades da Pascua aquí en Galicia ou doutros lugares que coñezades.