luns, 24 de agosto de 2020

MÁIS CULTURA CASTREXA CON CARLOS E MARIOLA

 

Como ninguén se atreveu a comentar a situación das visitas das entradas anteriores, nesta ocasión xa vos digo eu onde estiveron Carlos e Mariola:


martes, 11 de agosto de 2020

Investigando na nosa contorna con Carlos e Mariola

 

Continuamos coa aprendizaxe situada! Adiviñade onde estiveron estes dous investigadores tan ben conxuntandos:

Pista: moi pretiño da miña casa!


Veña animádevos a responder para que Carlos e Mariola nos conten cousas interesantes da cultura castrexa!

venres, 7 de agosto de 2020

ANIVERSARIO DE CARLOS!

Aínda que non estamos os cinco gatos, non podemos deixar de festexar o décimo aniversario do noso gato máis enérxico!Vése claramente que facer anos en agosto facilita o festexo ao aire libre, sobre todo se temos unha piscina preto, verdade??DESFRUTADE A TOPE, QUE PRONTO TEREMOS QUE POÑER AS PILAS PARA COMEZAR CON GANAS NO COLE!
 

sábado, 1 de agosto de 2020

Gardando distancias pero sen acougo!

 O noso "Indiana Jones" particular decidiu investigar pola península adiante. 

A ver quen adiviña 
que foi o que atopou e onde? 

Pista: imos cara o sur.




Que ben o pasan Jaime e Javi coa súa familia eh!

venres, 10 de xullo de 2020

COUSIÑAS INTERESANTES PARA O ANO QUE VEN!



Mirade que sorte, en galego non temos que marcar o acento nas interrogacións!

Atendede tamén que NUNCA vai o PRONOME de PRIMEIRO!






xoves, 9 de xullo de 2020

CONSELLOS BANDA DESEÑADA




Como sei o que vos gusta o deseño de bandas deseñada, teño un compañeiro guionista que xa publicou algún cómic e que nos aconsella este video no que tamén sae (Fernando Llor) , collede as ideas que mellor entendades para empezar, como o " CONSELLO Nº2":





Xa me diredes!


mércores, 8 de xullo de 2020

LEMBRANDO O NOSO DÍFICIL "Xeeeeeeee"



A ver se me sorprendedes en setembro cunha correctísimaaaa pronuncia do "x"!

ATENDEDE E LEMBRADE O SEMPRE VOS DICÍA PARA PRACTICAR (Shaaaaaakiraaaaa):



Ide practicando!

luns, 6 de xullo de 2020

ENNIO MORRICONE


Sei que vos gusta moito o cine. Hoxe é un día que a xeración dos vosos pais (que é a miña tamén) choramos a perda do compositor de grandes películas que xa forman parte dalgún momento das nosas vidas. Faleceu hoxe, aos 91 anos e aínda tivo tempo de facer un último concerto o ano pasado, aínda que non chegou a recoller o seu Premio Princesa de Asturias neste 2020.

El dicía:

" A música dunha película ten que ser aquilo que non se di, nin se ve".

E canto nos fixo sentir a súa música nas películas.
Pensade nas vosas pelis favoritas, seguro que se escoitades a súa banda sonora sabedes cal é!

 Seguro que se escoitades algunhas das  Bandas Sonoras que compuxo Morricone (máis de catrocentas) soaranvos moitas como a de " O bo, o malo e o feo".


https://open.spotify.com/playlist/5UXTlZFhHt8vZ2lQd3CEGZ





E mirade, durante a cuarentena en Roma en "Piazza Navona", o guitarrista Jacopo Mastrianguelo, decidiu  homenaxear a Morricone tocando unha das súas músicas, tivo que ser espectacular en directo, verdade?



martes, 23 de xuño de 2020

SAN XOÁN


Ademais de festexar o solsticio de verán, esta noite é a noite de San Xoán. 

Seguro que xa coñecedes as famosas fogueiras de San Xoán, pero coñecedes a tradición de preparar a agua de San Xoán?
Estas son as herbas que precisamos:



Mirade esta reportaxe de 1990:



Ademais, escoitei dicir que, antigamente, a auga que empregaramos tiña que vir de 7 fontes distintas. Isto é unha proba da cantidade de auga que había, xa que agora, sería mooooi difícil atopar sete fontes distintas na nosa contorna, verdade? Pois iso é unha mostra de que cada vez temos menos auga e que temos que coidar moito o seu uso. Lembrades que non debemos estar máis de 10 minutos debaixo da ducha?

 ÓCORRESEVOS ALGUNHA MANEIRA MÁIS DE AFORRAR O USO DA AUGA?

sábado, 20 de xuño de 2020

ISTO NON REMATA AQUÍ


Debido ás peticións de non pechar o blog, imos tentar seguir con este recuncho parar non perder o contacto e estar ao día das propostas de verán: recomendacións de lecturas, de recursos interactivos, curiosidades da nosa contorna ou da nosa vida...

Parécevos??

Pero antes de comezar de pleno co verán, a despedida do curso continúa con estes recordos que quedarán aquí para sempre:


Porque ser mestra é unha cousa e ser titora dun grupo tan bonitiño coma este e outra ben distinta!!

 Graciñas infinitas por regalarme O RECORDO DO DÍA NO QUE NOS COÑECEMOS. Cantas cousas "históricas" pasaron desde aquela, verdade?:


Alguén se anima a deixar anécdotas ou "frases" do curso en comentarios para que queden para a nosa historia?



martes, 16 de xuño de 2020

REMATOU A PELÍCULA


Como din no cine: "imos a negros"


Case non nos deron tempo a reaccionar cando nos dixeron que tiñamos que quedar na casa; e agora todo parece que foi como unha película.

Unha película na que TODO O MUNDO foi protagonista, pero soamente nós conseguimos sacar un sorriso e forza para gardar únicamente boas lembranzas como estas:





E aínda nos quedan moitos recordos para coleccionar neste VERÁN DA NOVA NORMALIDADE!

Xa me contaredes en setembro!!!







DESPEDIDA ESPECIAL PARA O MEU GRUPO DOS CINCO GATIÑOS


Non podemos marchar sen rematar o curso cantando "BELIEVER" como vos prometín:






Lembrade que sodes vós os que tedes que navegar polo mar da vosa vida, e teredes momentos bos, malos e tan rariños como estes últimos meses. A escola soamente vos vai axudar a empregar o compás e as cartas náuticas. 
(como di: J.Delors).




VIAXAR DESDE A CASA


O positivo de que nos tocase todo isto no 2020 é que puidemos viaxar dende a casa: 







Verdade que agora dan máis ganas de ver todo iso en vivo e en directo? 
Pois aínda vos queda moito que camiñar na vida, así que:

Moito Ánimo!!!




luns, 15 de xuño de 2020

PISAR O BALÓN


Xa sabedes que o fútbol non é o meu deporte favorito, o fútbol sala xa é outro cantar, así que vou botar man dun video moi interesante para mellorar a nosa técnica de pisar e pasar o balón en FÚTBOL SALA (penso que vos vai gustar):

Deixade en comentarios se vos pareceu díficil, se xa o sabiades facer ou se aprendestes unha técnica nova con este video...




REFLEXIÓN NOTAS


Nos días que estades a espera das vosas notas, atendede a esta reflexión do profe "Carlos" que lin na web: ayudaparamaestros.



SIMETRÍA NOA


Que doado é facer unha obra artística pensando nas matemáticas, verdade?





Un aplauso para Noa!

domingo, 14 de xuño de 2020

BUFO RESCATADO EN PONTEVEDRA

Mirade esta noticia de "PONTEVEDRAVIVA":
E de paso aprendemos a dicir "bufo!" (búho en castelán). Eu que lle chamaba mouchos a todos e resulta que non é o mesmo bufo que moucho, CANTO APRENDEMOS!
Cría de bufo rescatada pola Policía Local
© Policía Local de Pontevedra

A Policía Local rescata unha cría de bufo ao bordo da calzada da Avenida de Bos Aires

Redacción
Por Redacción
hai 23 horas
Cría de bufo rescatada pola Policía Local
© Policía Local de Pontevedra
Axentes da Policía Local de Pontevedra tiveron que realizar durante a madrugada deste sábado un rescate pouco habitual nas rúas do centro da cidade.
Concretamente rescataron a unha cría de bufo atopada ao bordo da calzada da Avenida de Bos Aires.
O ave non podía voar e atopábase nunha situación de risco, a que podía provocar o paso dos vehículos.
O pequeno bufo foi finalmente rescatado, procedendo a Policía Local a dar aviso ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Carballedo, onde poderá  recuperarse antes da súa volta ao seu hábitat natural.

SIMETRÍA DE MIGUEL



Mirade que obra de arte lle saiu a Miguel practicando a SIMETRÍA AXIAL de matemáticas:




Ben merece un GRAN APLAUSO VIRTUAL , NON? (comentarios).

martes, 9 de xuño de 2020

MAIS PASOS PARA LIBERAR AO NOSO AMIGO


Obxectivo conseguido! 

vexamos como outros animaliños axudan a liberar ao noso colega:





Búscamoslle nome ao noso amigo? Que propoñedes?



luns, 8 de xuño de 2020

CRACKS DO ACROSPORT

Houbo moi pouca participación nesta proposta tan sinxela, e aínda que algúns decidistes non elixir a vosa inicial (debeu ser que era moito nivel) merecedes unha entrada exclusiva para vós!

A VER QUEN ATOPA OS DOUS ERROS DE "ESCRITURA CORPORAL"




domingo, 7 de xuño de 2020

DIGOCHO EU


Seguro que xa botabades de menos os videos de "DÍGOCHO EU" 

(A VER SE ALGÚN OU ALGUNHA SE DA POR ALUDIDO/A)




PASEO RUBÉN E ÓSCAR SUMANDO PASOS

Mirade que maneira máis bonita de seguir sumando pasos!


Sumaron entre os dous máis de 12.000 pasos, chegando á Ermida da Virxe da Xestosa. 

PREGUNTA: Alguén podería dicirme en que serra atopamos esta Ermida tan peculiar? Sairon da provincia no seu paseo?

DECÁLOGO NORMAS COVID-19 DE CARLOS

Este DECÁLOGO (en 3D ) que nos fixo Carlos Fontoira, ben merece unha ENTRADIÑA no blog, non? 
A ver se así, algúns adultos non se esquecen de cumprir coas normas!


luns, 1 de xuño de 2020

ACROSPORT


Lembrades que vos dixen que iamos facer ACROSPORT na terceira avaliación? pois o mundo enteiro fixo que cambiaron un chisco os plans, así que para hoxe propoñovos intentalo polo menos coa inicial do voso nome, posiblemente precisedes axuda da vosa familia OLLO DA QUE CONVIVA CON VÓS! Podedes enviarme unha foto ao meu correo ou deixar un comentario das dificultades que tivestes! (O IDEAL SERÍA UNHA FOTO PARA PODER SUBIR AO BLOG).
DÉIXOVOS AQUÍ UN EXEMPLO, AÍNDA QUE PODEDES BUSCAR VARIANTES!
ÁNIMO!


PRECISAMOS MÁIS PASOS

Xa sumamos 48.482 pasos, pero precisamos chegar a 100.000, así que temos que seguir camiñando ou pedir axuda a todos eses compis que  aínda non sumaron pasos! Animádevos que o noso amigo previsa da nosa axuda!


domingo, 31 de maio de 2020

A ARCA DE JOEL

Como vexo que vos gustan os "animaliños" lembrei o bonito traballo dun fotógrafo. A súa exposición é de animais en perigo de extinción.
Espero que vos guste, xa me diredes!

(o narrador é un pouquiño aburrido pero as imaxes son tan bonitas.... verdade?)

PREGUNTA: QUE DATOS ACOMPAÑAN CADA FOTO DA SÚA EXPOSICIÓN?


martes, 26 de maio de 2020

MISIÓN RESCATE


Necesito toda a vosa axuda, prestade atención á mensaxe. Ás veces vai moi rápido e teredes que pausar o video para entender ben o que tedes que facer para liberar ao noso amigo!

luns, 25 de maio de 2020

MIGUEL INVESTIGA SOBRE OS PAXARIÑOS DOS SEUS PASEOS


Cantas cousas nos poden contar os nosos pais ás veces, verdade? Atentos e atentas ás cousas que lle contan a Miguel.




OS PAXARIÑOS QUE VE GUILLE NOS SEUS PASEOS


Guille decidiu botarlle imaxinación e contarnos un conto para falar dos paxariños que atopou nos seus paseos:







ANDORIÑAS NOS PASEOS DE CARLOS



Non vos pasa como a min, que xa hai ven tempo que vemos poucas andoriñas, pois mirade, Carlos atopou unha no seu paseo:




domingo, 24 de maio de 2020

A FAMILIA LÓPEZ PÉREZ ATACA DE NOVO!

Mirade canto deron de si os paseos de Jaime e a súa familia. 

Non me digades que non é para emocionarse:




mércores, 20 de maio de 2020

PAXARIÑOS DOS NOSOS PASEOS


Toca agora investigar sobre eses paxariños que atopamos nos nosos paseos. 

Eu, nos meus paseos, sigo a escoitar o cuco, aínda que din que vai marchando cando comeza o verán. Unha mágoa que non conseguín facerlle unha foto para ensinarvos. Sempre lembro que cando o escoitaba de pequena co meu pai e o cuco cantaba: "cu-cu" meu pai contestaba: "cu-cu, tapa o cú"; para facerme rir.

Lembrades aquel paxaro tan bonito que vimos un día no patio? lembrades que era unha pega (hurraca en castelán)?

A ver que paxariños atopades vós nos vosos paseos, lembrade falar do paxariño e poñer algo da vosa parte! Déixovos aquí algún exemplo dos que podedes atopar (aínda que se me ocorren algúns máis).

Animádevos a enviarme unha pequena narración de calquera tipo, como a das árbores e as flores, aínda que será moi difícil que logredes unha foto, pero podedes debuxar ou incluso facer unha banda deseñada. Envíadema ao correo para que a poida subir logo ao blog!




Deixovos aquí tamén unha bonita lenda sobre o paporroibo:



O que si vos podo ensinar é un "merlo" que ven cada mañá a petar na fiestra da cociña. Ocórresevos alguna razón para que faga isto?



martes, 19 de maio de 2020

POTENCIANDO A NOSA ENERXÍA


Imos practicar un pouquiño como se fosemos superheroes e superheroinas! 
Que vos parece? doado ou difícil seguir o ritmo?
(tedes que premer en "disfruta de este video en youtube")



E este para os que non o coñecedes aínda:



ARTISTA DIEGO


Aínda onte falamos do día internacional dos museos e hoxe presentamos a un gran artista que temos no cole, NORABOA DIEGO!



PINGÜÍNS NO DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

Onte foi o día internacional dos museos co lema: 
Museo para a igualdade: Diversidade e inclusión.

Que mellor maneira de visibilizar a inclusión, que con esta noticia:


A situación que estamos a vivir, está deixando imaxes que quedarán para sempre no recordo. A falta de persoas nos lugares habituais fai que aparezan animais en lugares inesperados. O exemplo son estes tres Pingüíns do zoolóxico de Kansas City.

Según o director do museo, estaban máis entusiasmados con Caravaggio que con Monet (dous pintores que coñeceran as vosas familias e que coñeceredes máis afondo no instituto).

Os pingüíns de Humbolt (a súa especie) están perdendo o seu hábitat e sofren de sobrepesca, que agota o seu alimento.
"Os pingüinos non poden falar, pero cremos que a experiencia no museo foi moi enriquecedora para eles"- comentou o portavoz do zoolóxico.

*PREGUNTA: Despois da experiencia de estar unha tempada pechados na casa, sen poder saír; Que pensades vós dos zoolóxicos?





Fonte: https://www.20minutos.es/gonzoo/noticia/4261148/0/pinguinos-aburridos-zoo-kansas-hacen-excursion-museo-arte/

XOGOS POPULARES


Xogastes algunha vez ás "chapas"? A verdade é que nunca vos vin xogar no patio do colexio. Nunca é tarde para empezar a rememorar os xogos de antes que precisaban moi pouco material e eran o entretemento que tiñamos no noso tempo de lecer. 

Preguntade na casa a que xogaban de cativos na vosa familia? seguro que facemos unha longa lista entre todos e todas!



domingo, 17 de maio de 2020

A PROFE RECOÑECE O SEU ERRO



Lembrades aqueles tempos nos que traballabamos na nosa aula? Esa aula que nos quedara tan chula despois do nadal? Pois seguro que tamén lembrades cando eu dicía que non esquecerades poñer o "til" ás palabras, agora teño que corrixir o meu erro e espero que así non vos esquezades NUNCA.

É A MELLOR MANEIRA DE APRENDER, cometendo erros coma este (que logo nunca esqueceremos dicir ben):


venres, 15 de maio de 2020

AS PITAS BAIXO A CHOIVA


Continuamos coa "nosa lingua" nestes días, con esta lectura que nos fai a familia López Pérez dun libriño moi bonito de Carvalho Calero: "AS PITAS BAIXO A CHOIVA". 
É un conto infantil no que nos conta, á súa maneira, algo que lle pasou cando era pequeno. Como o libro está escrito hai máis de 50 anos, complícasenos un pouco o vocabulario que emprega, pero Javi vai dar mostra de todo o que aprendeu nas clases de teatro.



(Que ben aproveitado o paseo de hoxe, que sacaron tempo para ir mercar o libro) 




Escoitade ata o final, xa que a nai de Javi e Jaime vainos sorprender cun fermoso GLOSARIO! (Javi tamén sabe canto nos gustan).

Graciñas familia!!


PREGUNTA: Cal foi a palabra do conto que máis vos gustou?
(A min encantoume: "pequeneira")

SCAPE ROOM LETRAS GALEGAS


Aquí nos deixa a profe Marta unha proposta para investigar un pouquiño sobre a vida de Ricardo Carvalho Calero.
Premede na imaxe para comezar co "scape room".





E aquí vou deixar un "scape room" un chisco máis difícil para facer coa familia 
(premede sobre a moeda):






xoves, 14 de maio de 2020

AGASALLO DE JAIME PARA TODO O COLE

Para conmemorar, que o domingo é o día das letras galegas, dende 4º queremos animar a todo o cole (alumnado e familias) que, durante estes días, prestemos un chisco máis de atención á nosa lingua. Podedes enviar vídeos que iremos subindo ao blog, como este tan bonito que nos mandou Jaime. 
Escoitade atentamente este conto tan bonito que nos relata con tanta ilusión:





mércores, 13 de maio de 2020

XIMNASIA CEREBRAL


Siii! dixen XIMNASIA! A Educación Física non só é física, tamén precisamos exercitar a nosa mente para poder realizar correctamente os movementos. Hoxe imos tentar os de retos que nos porpoñen dende a Asocición Aceesca. Animádevos a deixar en comentarios ata que reto conseguistes chegar!



martes, 12 de maio de 2020

FLORES QUE SEGUIMOS ATOPANDO NO CAMIÑO...





Palabra para o glosario: acio. A ver quen sabe dicir o que significa (deixade nos comentarios).

luns, 11 de maio de 2020

MÓVETE NA CASA!


Hoxe imos traballar un pouquiño a forza, coordinación e resistencia do tren inferior! Que vos parece?
Comezaremos con movilidade articular, coma en clase. Xa o tedes máis que aprendido, pero así concentrámonos nas articulacións das extremidades inferiores.


Veredes no video unha palabra que nunca vimos na clase, quen me pode dicir cal é e o seu significado? 




Con moito coidadiño, non vos manquedes! Ocórreseme agora recordar un video de "digocho eu" do 1 de abril.
A ver que vos parece:




AS FLORES DA CONTORNA DE JAIME






E aínda tivo tempo de inventar un conto para nós...