mércores, 20 de maio de 2020

PAXARIÑOS DOS NOSOS PASEOS


Toca agora investigar sobre eses paxariños que atopamos nos nosos paseos. 

Eu, nos meus paseos, sigo a escoitar o cuco, aínda que din que vai marchando cando comeza o verán. Unha mágoa que non conseguín facerlle unha foto para ensinarvos. Sempre lembro que cando o escoitaba de pequena co meu pai e o cuco cantaba: "cu-cu" meu pai contestaba: "cu-cu, tapa o cú"; para facerme rir.

Lembrades aquel paxaro tan bonito que vimos un día no patio? lembrades que era unha pega (hurraca en castelán)?

A ver que paxariños atopades vós nos vosos paseos, lembrade falar do paxariño e poñer algo da vosa parte! Déixovos aquí algún exemplo dos que podedes atopar (aínda que se me ocorren algúns máis).

Animádevos a enviarme unha pequena narración de calquera tipo, como a das árbores e as flores, aínda que será moi difícil que logredes unha foto, pero podedes debuxar ou incluso facer unha banda deseñada. Envíadema ao correo para que a poida subir logo ao blog!




Deixovos aquí tamén unha bonita lenda sobre o paporroibo:



O que si vos podo ensinar é un "merlo" que ven cada mañá a petar na fiestra da cociña. Ocórresevos alguna razón para que faga isto?



10 comentarios:

  1. Agora salgo pouco a calle pero temos bastantes gaivotas o gorrions na cidade :)
    Un saludo de Gael (1º ESO)

    ResponderEliminar
  2. Benvido, Gael! que alegría ver que chegamos ata a ESO! sabías que os gorrións soamente están onde hai xente? se non houbese xente, marcharían; vese que precisan compaña😅.

    ResponderEliminar
  3. Hoxe atopei varias pegas (urraca).

    ResponderEliminar
  4. Noelia non ira a polo almorzó??? Jajajaja.
    Aquí so se ven gaviotas aproveitando un despiste para arrebatar o pincho dos clientes das cafeterías da alameda.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Polo almorzo pode ser! pero ten moitos bechos no campo para comer. Eu penso que quere impresionar á moza.

      Eliminar
  5. Eu teño duas fotos! As mando este fin de semana co conto.
    Guille

    ResponderEliminar