Este blog foi creado para establecer un laciño virtual entre alumnado e profesorado. Pensado para 4º de Educación Primaria, pero con acollida para toda a comunidade educativa que non queira perder ese lazo con todos e todas nós!
Así que tratemos de encher este tempo co maior número de lembranzas positivas:
Aínda que non estamos os cinco gatos, non podemos deixar de festexar o décimo aniversario do noso gato máis enérxico!Vése claramente que facer anos en agosto facilita o festexo ao aire libre, sobre todo se temos unha piscina preto, verdade??DESFRUTADE A TOPE, QUE PRONTO TEREMOS QUE POÑER AS PILAS PARA COMEZAR CON GANAS NO COLE!
Como sei o que vos gusta o deseño de bandas deseñada, teño un compañeiro guionista que xa publicou algún cómic e que nos aconsella este video no que tamén sae (Fernando Llor) , collede as ideas que mellor entendades para empezar, como o " CONSELLO Nº2":
Sei que vos gusta moito o cine. Hoxe é un día que a xeración dos vosos pais (que é a miña tamén) choramos a perda do compositor de grandes películas que xa forman parte dalgún momento das nosas vidas. Faleceu hoxe, aos 91 anos e aínda tivo tempo de facer un último concerto o ano pasado, aínda que non chegou a recoller o seu Premio Princesa de Asturias neste 2020.
El dicía:
" A música dunha película ten que ser aquilo que non se di, nin se ve".
E canto nos fixo sentir a súa música nas películas. Pensade nas vosas pelis favoritas, seguro que se escoitades a súa banda sonora sabedes cal é!
Seguro que se escoitades algunhas das Bandas Sonoras que compuxo Morricone (máis de catrocentas) soaranvos moitas como a de " O bo, o malo e o feo".
E mirade, durante a cuarentena en Roma en "Piazza Navona", o guitarrista Jacopo Mastrianguelo, decidiu homenaxear a Morricone tocando unha das súas músicas, tivo que ser espectacular en directo, verdade?
Ademais de festexar o solsticio de verán, esta noite é a noite de San Xoán.
Seguro que xa coñecedes as famosas fogueiras de San Xoán, pero coñecedes a tradición de preparar a agua de San Xoán?
Estas son as herbas que precisamos:
Mirade esta reportaxe de 1990:
Ademais, escoitei dicir que, antigamente, a auga que empregaramos tiña que vir de 7 fontes distintas. Isto é unha proba da cantidade de auga que había, xa que agora, sería mooooi difícil atopar sete fontes distintas na nosa contorna, verdade? Pois iso é unha mostra de que cada vez temos menos auga e que temos que coidar moito o seu uso. Lembrades que non debemos estar máis de 10 minutos debaixo da ducha?
ÓCORRESEVOS ALGUNHA MANEIRA MÁIS DE AFORRAR O USO DA AUGA?
Debido ás peticións de non pechar o blog, imos tentar seguir con este recuncho parar non perder o contacto e estar ao día das propostas de verán: recomendacións de lecturas, de recursos interactivos, curiosidades da nosa contorna ou da nosa vida...
Parécevos??
Pero antes de comezar de pleno co verán, a despedida do curso continúa con estes recordos que quedarán aquí para sempre:
Porque ser mestra é unha cousa e ser titora dun grupo tan bonitiño coma este e outra ben distinta!!
Graciñas infinitas por regalarme O RECORDO DO DÍA NO QUE NOS COÑECEMOS. Cantas cousas "históricas" pasaron desde aquela, verdade?:
Alguén se anima a deixar anécdotas ou "frases" do curso en comentarios para que queden para a nosa historia?
Case non nos deron tempo a reaccionar cando nos dixeron que tiñamos que quedar na casa; e agora todo parece que foi como unha película.
Unha película na que TODO O MUNDO foi protagonista, pero soamente nós conseguimos sacar un sorriso e forza para gardar únicamente boas lembranzas como estas:
E aínda nos quedan moitos recordos para coleccionar neste VERÁN DA NOVA NORMALIDADE!
Non podemos marchar sen rematar o curso cantando "BELIEVER" como vos prometín:
Lembrade que sodes vós os que tedes que navegar polo mar da vosa vida, e teredes momentos bos, malos e tan rariños como estes últimos meses. A escola soamente vos vai axudar a empregar o compás e as cartas náuticas.
Xa sabedes que o fútbol non é o meu deporte favorito, o fútbol sala xa é outro cantar, así que vou botar man dun video moi interesante para mellorar a nosa técnica de pisar e pasar o balón en FÚTBOL SALA (penso que vos vai gustar):
Deixade en comentarios se vos pareceu díficil, se xa o sabiades facer ou se aprendestes unha técnica nova con este video...
Mirade esta noticia de "PONTEVEDRAVIVA":E de paso aprendemos a dicir "bufo!" (búho en castelán). Eu que lle chamaba mouchos a todos e resulta que non é o mesmo bufo que moucho, CANTO APRENDEMOS!Cría de bufo rescatada pola Policía Local
Axentes da Policía Local de Pontevedra tiveron que realizar durante a madrugada deste sábado un rescate pouco habitual nas rúas do centro da cidade.
Concretamente rescataron a unha cría de bufo atopada ao bordo da calzada da Avenida de Bos Aires.
O ave non podía voar e atopábase nunha situación de risco, a que podía provocar o paso dos vehículos.
O pequeno bufo foi finalmente rescatado, procedendo a Policía Local a dar aviso ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Carballedo, onde poderá recuperarse antes da súa volta ao seu hábitat natural.
Houbo moi pouca participación nesta proposta tan sinxela, e aínda que algúns decidistes non elixir a vosa inicial (debeu ser que era moito nivel) merecedes unha entrada exclusiva para vós!
A VER QUEN ATOPA OS DOUS ERROS DE "ESCRITURA CORPORAL"
Mirade que maneira máis bonita de seguir sumando pasos!
Sumaron entre os dous máis de 12.000 pasos, chegando á Ermida da Virxe da Xestosa. PREGUNTA: Alguén podería dicirme en que serra atopamos esta Ermida tan peculiar? Sairon da provincia no seu paseo?
Lembrades que vos dixen que iamos facer ACROSPORT na terceira avaliación? pois o mundo enteiro fixo que cambiaron un chisco os plans, así que para hoxe propoñovos intentalo polo menos coa inicial do voso nome, posiblemente precisedes axuda da vosa familia OLLO DA QUE CONVIVA CON VÓS! Podedes enviarme unha foto ao meu correo ou deixar un comentario das dificultades que tivestes! (O IDEAL SERÍA UNHA FOTO PARA PODER SUBIR AO BLOG).
DÉIXOVOS AQUÍ UN EXEMPLO, AÍNDA QUE PODEDES BUSCAR VARIANTES!
Xa sumamos 48.482 pasos, pero precisamos chegar a 100.000, así que temos que seguir camiñando ou pedir axuda a todos eses compis que aínda non sumaron pasos! Animádevos que o noso amigo previsa da nosa axuda!
Como vexo que vos gustan os "animaliños" lembrei o bonito traballo dun fotógrafo. A súa exposición é de animais en perigo de extinción. Espero que vos guste, xa me diredes! (o narrador é un pouquiño aburrido pero as imaxes son tan bonitas.... verdade?) PREGUNTA: QUE DATOS ACOMPAÑAN CADA FOTO DA SÚA EXPOSICIÓN?
Necesito toda a vosa axuda, prestade atención á mensaxe. Ás veces vai moi rápido e teredes que pausar o video para entender ben o que tedes que facer para liberar ao noso amigo!
Toca agora investigar sobre eses paxariños que atopamos nos nosos paseos.
Eu, nos meus paseos, sigo a escoitar o cuco, aínda que din que vai marchando cando comeza o verán. Unha mágoa que non conseguín facerlle unha foto para ensinarvos. Sempre lembro que cando o escoitaba de pequena co meu pai e o cuco cantaba: "cu-cu" meu pai contestaba: "cu-cu, tapa o cú"; para facerme rir.
Lembrades aquel paxaro tan bonito que vimos un día no patio? lembrades que era unha pega (hurraca en castelán)?
A ver que paxariños atopades vós nos vosos paseos, lembrade falar do paxariño e poñer algo da vosa parte! Déixovos aquí algún exemplo dos que podedes atopar (aínda que se me ocorren algúns máis).
Animádevos a enviarme unha pequena narración de calquera tipo, como a das árbores e as flores, aínda que será moi difícil que logredes unha foto, pero podedes debuxar ou incluso facer unha banda deseñada. Envíadema ao correo para que a poida subir logo ao blog!
Deixovos aquí tamén unha bonita lenda sobre o paporroibo:
O que si vos podo ensinar é un "merlo" que ven cada mañá a petar na fiestra da cociña. Ocórresevos alguna razón para que faga isto?
Que mellor maneira de visibilizar a inclusión, que con esta noticia:
A situación que estamos a vivir, está deixando imaxes que quedarán para sempre no recordo. A falta de persoas nos lugares habituais fai que aparezan animais en lugares inesperados. O exemplo son estes tres Pingüíns do zoolóxico de Kansas City.
Según o director do museo, estaban máis entusiasmados con Caravaggio que con Monet (dous pintores que coñeceran as vosas familias e que coñeceredes máis afondo no instituto).
Os pingüíns de Humbolt (a súa especie) están perdendo o seu hábitat e sofren de sobrepesca, que agota o seu alimento.
"Os pingüinos non poden falar, pero cremos que a experiencia no museo foi moi enriquecedora para eles"- comentou o portavoz do zoolóxico.
*PREGUNTA: Despois da experiencia de estar unha tempada pechados na casa, sen poder saír; Que pensades vós dos zoolóxicos?
Xogastes algunha vez ás "chapas"? A verdade é que nunca vos vin xogar no patio do colexio. Nunca é tarde para empezar a rememorar os xogos de antes que precisaban moi pouco material e eran o entretemento que tiñamos no noso tempo de lecer.
Preguntade na casa a que xogaban de cativos na vosa familia? seguro que facemos unha longa lista entre todos e todas!
Lembrades aqueles tempos nos que traballabamos na nosa aula? Esa aula que nos quedara tan chula despois do nadal? Pois seguro que tamén lembrades cando eu dicía que non esquecerades poñer o "til" ás palabras, agora teño que corrixir o meu erro e espero que así non vos esquezades NUNCA. É A MELLOR MANEIRA DE APRENDER, cometendo erros coma este (que logo nunca esqueceremos dicir ben):
Continuamos coa "nosa lingua" nestes días, con esta lectura que nos fai a familia López Pérez dun libriño moi bonito de Carvalho Calero: "AS PITAS BAIXO A CHOIVA".
É un conto infantil no que nos conta, á súa maneira, algo que lle pasou cando era pequeno. Como o libro está escrito hai máis de 50 anos, complícasenos un pouco o vocabulario que emprega, pero Javi vai dar mostra de todo o que aprendeu nas clases de teatro.
(Que ben aproveitado o paseo de hoxe, que sacaron tempo para ir mercar o libro)
Escoitade ata o final, xa que a nai de Javi e Jaime vainos sorprender cun fermoso GLOSARIO! (Javi tamén sabe canto nos gustan). Graciñas familia!!
PREGUNTA: Cal foi a palabra do conto que máis vos gustou?
Para conmemorar, que o domingo é o día das letras galegas, dende 4º queremos animar a todo o cole (alumnado e familias) que, durante estes días, prestemos un chisco máis de atención á nosa lingua. Podedes enviar vídeos que iremos subindo ao blog, como este tan bonito que nos mandou Jaime.
Escoitade atentamente este conto tan bonito que nos relata con tanta ilusión:
Siii! dixen XIMNASIA!
A Educación Física non só é física, tamén precisamos exercitar a nosa mente para poder realizar correctamente os movementos. Hoxe imos tentar os de retos que nos porpoñen dende a Asocición Aceesca.
Animádevos a deixar en comentarios ata que reto conseguistes chegar!
Hoxe imos traballar un pouquiño a forza, coordinación e resistencia do tren inferior! Que vos parece?
Comezaremos con movilidade articular, coma en clase. Xa o tedes máis que aprendido, pero así concentrámonos nas articulacións das extremidades inferiores.
Veredes no video unha palabra que nunca vimos na clase, quen me pode dicir cal é e o seu significado?
Con moito coidadiño, non vos manquedes! Ocórreseme agora recordar un video de "digocho eu" do 1 de abril. A ver que vos parece:
Moitos de vos xa o coñeceredes, famoso polas súas viaxes e polas curiosidades que nos mostra arredor do mundo, pero...quen é el? Duck é a imaxe icónica de LEGO®; e todo ven pola súa incrible historia...
LEGO Group fundouse no ano 1932 por Ole Kirk Kristiansen en Billund, Dinamarca, pero daquela, Ole Kirk non se adicaba á creación
dos míticos bricks LEGO, senón que traballaba como carpinteiro e ebanista. En 1934, pasou a adicarse á venta de xoguetes de madeira, o produto máis exitoso do seu obradoiro de carpintería. Así que, entre os seus traballadores e el, decidiron que “Fábrica de Mobles de Billund” non era o mellor nome para unha xoguetería… apareceu LEGO! O nome LEGO
significa a contracción en danés de leg godt (“xoga ben”), e hoxe representa a filosofía da empresa.
Como xa nos dixo Jaime, o xoguete favorito de Ole Kirk era un pato, imaxe da marca dende 1935.